jueves, 11 de septiembre de 2014

Benvidos todos e todas ao 5º curso de Educación Primaria.
Iniciades unha nova etapa na vosa vida de estudantes que, ata agora, era o 3º Ciclo de E.P. pero que coa nova lei, a LOMCE, deixa de chamarse 3º ciclo para ser simplemente 5º de primaria. 
Como se chame é o de menos, o que tedes que saber é que, á hora de facer excursións, turnos de patio, etc; seguiredes facendo grupo cos alumnos e alumas de 6º, cos que esperamos, vos levedes ben.
Tamén esperamos que traballedes moito e aprendades moitas cousas. Que saibades que aquí tedes o voso blogue para o que queirades , como publicar algunha noticia, facer algunha presentación,...etc.
E agora, para empezar con gañas, un pouco de ritmo con:
 AC/DC----Highway to Hell
Skrillex ---Barangarang
Calvin Harris----Summer
Icona Pop-----I love it

No hay comentarios:

Publicar un comentario