lunes, 16 de junio de 2014

Vacacións!!!
....e así, como sen darnos conta, chegamos ao remate do ciclo.
Dous cursos xuntos!!
Parece que foi onte cando comezamos e, este venres, xa nos despedimos.
No vindeiro curso empezaredes unha nova etapa. A maioría no instituto e algúns noutro concello ou, incluso, noutra provincia. Non importa. O principal é que para todos vai supor un cambio: novo edificio, novos profesores, novos amigos,.... De todos xeitos hai algo que non vai variar e é que, estea un onde estea, os logros que consiga, serán sempre froito do esforzo e das gañas que teña por mellorar. Se nos esforzamos o suficiente podemos conseguilo todo ou case todo; a menos, claro, que nos poñamos metas imposibles coma ir a lúa en patinete, por exemplo.
Así que, xa sabedes, a estudar moito e tirar sempre para adiante.
E non esquezades que para un profesor/a (para min, en concreto) é sempre unha satisfacción falar e saber como lle vai a vida aos seus alumnos/as. Os alumnos esquecen ás veces aos profesores, pero os profesores non esquecen nunca aos seus alumnos e alumnas.
Ben, só me resta desexarvos un bo verán, que carguedes moito as pilas e que empecedes o próximo curso con moita ilusión.
Ata sempre!!!!