miércoles, 18 de diciembre de 2013

 Moitas cousas podemos facer no Nadal: descansar, xogar, ler,...e 
ver cine!!Aquí tés unha estupenda versión do libro de Lewis Carrol

E agora...

Esta é a historia dun neno que xa non cre en Papá Noel nin no Nadal. O día de Noiteboa, un tren máxico para frente á súa casa e o pequeno monta nel nunha viaxe que o levará directo ó Polo Norte onde descubrirá a maxia do espíritu de Nadal, que so poden ver os que cren nela...

Cantamos con Mini
e con Tino Baz

miércoles, 11 de diciembre de 2013

As alumnas e os alumnos de 6º deséxanvos...
Un Feliz Nadal e un bo 2.014    
(Unha mostra das nosas artistadas)

Sin título - presentacion imagenes

miércoles, 30 de octubre de 2013

Hoxe fomos ao Esteiro do Miño a observar as aves e contamos cun profe excepcional, Agustín Ferreira, que con toda a pacencia do mundo, nos explicou moitas cousas das Anátidas, Zancudas, Limícolas e outras aves que visitan ou habitan estas zonas.
Grazas Agustín!! 

 
Observando as aves no Esteiro do Miño - presentacion imagenes

domingo, 20 de octubre de 2013

 Atención!!!
Está chegando o.....

 Samaín!!            

                                        
                                                    E agora, tamén de Mamá Cabra, "Patatín Patatán"
                                                          E agora actividades relacionadas co Outono, Magosto e Samaín publicadas pola biblioteca do CEIP "Mestres Goldar", coas que poderás pasar o rato, divertirte e aprender  (Clica sobre as palabras Outono, Magosto e Samaín)                                                                

lunes, 30 de septiembre de 2013

 Coa chegada do Outono, chegan as noces, a recollida do millo, as castañas e a ......vendima!!

         
    E agora algúns poemas do outono:
                                          
POEMAS
 


As árbores espidiñas
sen follas,
sen folliñas.

Os esqueletos de xeo
             amosan
os seus outonos,
os seus laios,
os seus soños.

Unha alfombra
                       cobre o chan,
tapiz de follas caídas,
                       folliñas
que veñen e van.
                           Folliñas
                     lixeiras e secas
                     fatigadas
                                    de troular.
                            Folliñas
                                     que bailan
                                                  co vento
                            todos collidos
                                             da man.
                         
                   Antonio García Teijeiro

VEN ONDA NÓS O OUTONO
DACABALO DO AIRE;
NOS CAMIÑOS DA FRAGA
OS OURIZOS XA ABREN.
SÍNTOO CHEGAR CONTENTO

DA ETERNA VIAXE
ENREDANDO ENTRE AS FOLLAS,
ESTREANDO FRIAXE.

ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais


Don carballo chora landras
na amencida.
 
E don Outono baballa
néboa fría.

Don Labrego, de sombreiro,
aplaude a don Castiñeiro
con variña de abelaira.

E don Ourizo da chaira,
como non se ten coa risa,
cáenlle dentes de castaña.

HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Dona e Don" Árbore-Galaxia


UNHA MAÑÁ, PITIÑO PISPÍN

SAÍU PASEAR.

DÍXOLLE A NUBE:
 
"PIN-PIRIN-PÍN, PITIÑO PISPÍN

COAS MIÑAS PINGAS HEITE MOLLAR".

DÍXOLLE O PITO:

"TEÑO PARAUGAS,

PARA AS TÚAS PINGAS:

¡PAN-PARAN -PÁN!"

GLORIA SÁNCHEZ."Rimas con letra".Xerais


Outono
ten sono,
non pode durmir.


Ponlle unha mantiña
que se queda axiña
sereno e feliz.

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO."As catro estacións".Árbore.


POLOS ALTOS
DO POUSADOIRO
ANDA UNHA NENA
CUN ZOSCADOIRO
PARA ZOSCARLLE
Ó VENTO NORDÉS,
PORQUE LLE PUXO
O PARAUGAS DO REVÉS
E MOLLOUNA TODIÑA
DA CABEZA ÓS PES.

XOÁN BABARRO "Ten,ten a miña casa ten..." Arbore.Galaxia
OS ANANOS DO OUTONO
PINTAN AS UVAS.

OS RAPACES ASEXAN
AS MAIS MADURAS.


TAMÉN OS GORRIÓNS
REVOAN ENTRE AS CEPAS
DE DOUS EN DOUS.

PURA VÁZQUEZ."O libro dos cen poemas".Espiral maior
.


DONA CHUVIA

¿Queres ver coser?
Escoita chover.


Crávanse as agullas
enfiadas de auga
no pano da terra
que é saba mollada.

Baixa dona Chuvia,
cabaleira branca
mendar prados verdes
con fíos de prata.

¿Queres ver coser?
Escoita chover.

HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE."Don e Dona".Árbore-Galaxia.
¡LEVÁNTATE ,NEBRA!
¡LEVÁNTATE ,NEBRA,
DO BICO DA SERRA!
AÍ VEN SAN MARTIÑO
NO SEU CABALIÑO,
QUE TE VAI LEVAR,
QUE TE VAI POUSAR
NA TONA DO MAR!

ANTONIO NORIEGA VARELA.
  

sábado, 21 de septiembre de 2013



Benvidos ao 3º Ciclo compañeiros e compañeiras de 5º
Para empezar con bo pé, dúas películas de animación.