jueves, 8 de mayo de 2014

Desde 1963, cada ano celébrase o 17 de maio o Día das Letras Galegas. Escolleuse esa data porque nela foi cando se celebrou o centenario da publicación de Cantares Galegos de Rosalía que segundo os membros da Real Academia Galega era a primeira obra maestra coa que contou o galego.
Desde esa data, o día 17 de maio, celébrase na Comunidade de Galiza o día das Letras Galegas. Cada ano dedícase a un escritor que "favorecera" o crecemento do idioma galego
Este ano está adicado a Xosé María Díaz Castro
Escoita con atención este vídeo para aprender cousas sobre este gran poeta.
Agora un documental para seguir aprendendo cousas:

A agora un dos poemas máis coñecidos.....escóitase no primeiro documental)
PENÉLOPE
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
Dende o  IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz déixannos esta preciosa homenaxe que fixeron a Xosé María Díaz Castro