sábado, 11 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS
Desde 1963, cada ano celébrase o 17 de maio o Día das Letras Galegas.
 Escolleuse esa data porque nela foi cando se celebrou o centenario da publicación de   Cantares Galegos de Rosalía que segundo os membros da Real Academia Galega era a primeira obra mestra coa que contou o galego.
Desde esa data, o día 17 de maio, celébrase na Comunidade de Galiza o día das Letras Galegas.
Cada ano adedícase a un escritor que "favorecera" o crecemento do idioma galego.  Para saber máis...  (Clica na palabra máis)
Este ano está adicado a
                               Roberto Vidal Bolaño
Nas actividades seguintes, elaboradas polo Grupo de Traballo do Seminario Galán, poderás aprender moitas cousas da súa vida e obra.  (Clica en vida e obra)
E agora...A xogar por parellas!!
Aquí tés un xogo elaborado polos Mestres do CEIP Friáns-Teis, para que demostres o que sabes.
(Clica nos enlaces)
http://www.chiscos.net/xestor/chs/anapi/bolanho3/xogo.HTML

No espazo avalar atopamos este outro xogo, parecido a "pasa palabra"para que disfrutes aprendendo
 http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1360326966/contido/letrasgalegas/index.html


E agora algo de música.
O galego é boa lingua para o "rap"
O grupo "Dios ke te crew" teno demostrado abondo. Neste caso musicando un poema de Celso Emilio Ferreiro: "Deitado frente ao mar" no que reivindican o dereito de falar en galego.




E, por suposto, tamén é boa lingua para o Rok.
Neste caso o grupo "Ruxe Ruxe" co tema: "rok do país"