viernes, 24 de enero de 2014

"O Pequeno Mago" é un film de animación dirixido por Roque Cameselle. Está baseado no seu libro "Bieito Dubidoso" e ambientada en Tui, cidade na que viviu a súa nenez.
Roque e o seu equipo, explicáronnos cómo foi o proceso de creación da película (que durou máis de....cinco anos!) e respondeu moi amablemente as nosas preguntas. Ao remate....ata asinou autógrafos.
Foi superinteresante. Grazas Roque e equipo!!
 

martes, 7 de enero de 2014


O litoral atlántico e cantábrico estivo sometido neste Nadal a acción de varias frontes que deixaron imaxes tan impresionantes coma estas.
O seguinte vídeo é de Antonio Lomba. Nel podemos ver  tamén a magnitude e bravura do mar que continuamente nos está dicindo " comigo non se xoga"